
Huecos, 2022

El guardián de la Selva Negra, 2021

Fervenza do Toxa, 2014

Experiencia, 2022

La poción mágica, 2014

El desliz del rey de los monos, 2014

Cambio de bombilla, 2015

Fuga en la pescadería, 2020

No me seas pulpo, 2015

Deportera Rosa, 2022

Mesa libre, 2022

Turistas, 2019

Tokyo de Lugo, 2019

Línea circular, 2021

Piernas, 2020

Juegos de gigantes 2020

Patinador crepuscular, 2022

Diminutos, 2020

A Coruña, 2021

Estampados, 2021

Sin batería, 2022

La mordida, 2022

Recién pintado, 2022

Ojos, 2022

Rockabilly blues, 2021

Marquesina, 2022

Atropello, 2021

Luces, cámara, acción, 2021

Listo para despegar, 2019

Especulación, 2021

Habitación con vistas, 2022

El mal del peregrino, 2022

Bici, 2022

Conspiración, 2022

La bruja, 2022

La guerra de los mundos, 2022

La larga marcha, 2022

Mónica Atómica en Ferrol, 2018

¡Qué gaitas!, 2018

Maragato, 2014

Perfilado, 2019

Pata de cabra, 2019

Desarme, 2015

Postureo, 2018

Gizmo, 2020
Anxo Dafonte
fotógrafo afeccionado
Nado en Santiago de Compostela no 1973, comeza fotando de neno coas cámaras compactas que o seu pai mercaba e usando flashes de magnesio de cubo sobre a zapata. Máis tarde e dada a súa afección polas artes marciais continúa fotografando eventos deportivos coma xornadas de campionatos rexionais de Karate ou veladas de Full Contact que cede a xornais. Nese tempo de mocidade e o feito de criarse nun barrio moi conflitivo onde a heroína non era precisamente Wonder Woman, foi o cóctel axeitado pra que a fotografía urbana entrase na vea en lugar do veleno que tiña ó alcance.
Porén, outros episodios da súa vida obrigáronlle a emigrar a Madrid nos anos 90 e foi así coma pouco a pouco foi perdendo o contacto coa cámara e a chama foise apagando ata que apenas saía fotar. Porén, un dos seus lugares preferidos pra perderse era o Museo do Prado, nuns tempos onde o Internet que había eran os chats e os foros, así que ía presencialmente, recibindo unhas sensacións directamente no seu adentro, que aínda non tivo o pracer de sentir coa virtualización.
Xa de volta a Santiago de Compostela a primeiros deste século, tivo que agardar ate case o remate da primeira década cando lle fixeron unha oferta que lle volveu prender esa chama case esquecida. Un equipo de fútbol da cidade acababa de ascender á 2ª división B da Liga de Fútbol Profesional e alguén estaba interesado en que se encargase de rexistrar a multimedia. E así foi como a fotografía regresou con forza á súa vida e da man da disciplina deportiva, que lle lembraba aquelas xornadas fronte un tatami ou un ring.
A partir dese intre volve ir collendo cada vez máis a miúdo a cámara da que hoxe en día xa non pode deixar na casa, é coma unha extensión do corpo que ten que levar sempre enriba e quizás por iso, a fotografía urbana é a que máis practica aínda que outras disciplinas podedes ir atopándoas tamén na súa zona persoal.

Fotografía: David Álvarez, 2022