
Retrato a Anxo Dafonte, 2020

Santiago de Compostela, 2020

Balconing, 2020

Cidade da Cultura, 2020

Cidade da Cultura, 2020

Decantador e copa, 2021

O Milladoiro, 2021

O Milladoiro, 2021

Óleo de paisaxe crepuscular, 2020

Óleo a Herby e Zorun, 2021

Óleo a Fado, 2022

O lago azul, 2022

Cantinflas, 2022
Ariadna Dafonte
pintora, música e fotógrafa afeccionada
Ariadna é a filla de Anxo e Patty. Naceu en Santiago de Compostela no 2009 e podemos dicir que case se interesou antes polas Artes Plásticas que por camiñar.
Afeccionada desde moi noviña á música e ó debuxo artístico, practica piano, batería e guitarra; fai debuxo artístico e técnico (aínda que este último non lle atrae tanto) e dentro da pintura gústalle moito usar o óleo sobre lenzo e ten varios encargos que a manteñen ocupada todo o ano pra desgusto do torpe de seu pai que sempre remata tinguindo as camisas ou as mans cada vez que entra no espazo que ela ten preparado prós seus cadros.
A fotografía non é que polo de agora lle chame moito a atención, quizás parece que no caso de coller unha cámara prefira a disciplina do lightpainting por iso de pintar coa luz, pero polo de agora non ten trazas de interesarse moito por iso de capta-la luz cun sensor. O dela é compoñer e crear cores dun xeito máis sustractivo que aditivo... porén, cando colle a cámara algo se debe notar pois con pouco máis dunha década de vida xa fixo cousas bastante interesantes.
Agardemos que co tempo decida adicarlle un chisquiño máis a esta outra faceta porque pode ir perfectamente da man das que máis lle gustan, sobretodo, tendo un pai ó que lle inflúe moito a pintura á hora de compoñer imaxes... pero bon... será tamén que pra pintar non serve ou igual estariamos a falar doutro que antes que cámara collería pinceis.

Fotografía: Anxo Dafonte, 2022