
Verbas esquecidas, 2020

Cogomelo, 2021

Dragón dourado, 2020

Xaque, 2021

Percebe de terra, 2020

Doce flor, 2020
David Álvarez
fotógrafo afeccionado
David ademais ten pouco tempo pra fotar pero o pouco que ten aproveitao ó máximo. E un fotógrafo con moita autoesixencia e cunha ollada moi mística e filosófica, algo que faise notar moito nas súas imaxes.
Ademais de fotografía, estuda Karate que vai forxando ese carácter que logo plasma nas súas fotografías e cando ollamos unha das súas pezas, estamos por así dicir, ollando a esencia do propio autor.
Gústanlle moitas disciplinas, entre elas a fotografía nocturna coa que se divirte moito e ca que lle gusta experimentar. Pero se nalgo destaca é nesa ollada que ten coa fotografía de aproximación. Unha fotografía directa, pero con lecturas complexas, con moita mensaxe, algo que non está ó alcance de calquera así de pronto.

Fotografía: Anxo Dafonte, 2022