
Dúckula, 2022

Fervenzas de Raxoi, 2021

O bosque animado, 2020

Faro de Cabo Vilán, 2022

Santiago de Compostela, 2022. Obra de Ramón Conde.

Retrato de Anxo Dafonte, 2021

Retrato de Anxo Dafonte, 2022

Pinceladas de mar, 2022
Patricia Inostroza
fotógrafa afeccionada
Patty naceu na oitava rexión chilena do BíoBío no ano 1977. Alí foi criada e medrou nun ambiente natural que forxou o seu carácter amábel e solidario. Foi alá onde estudou fotografía e comezou a fotar curiosamente co mesmo modelo de cámara que usaba Anxo Dafonte a doce mil quilómetros de distancia: unha Zenit 122 rusa, un tanque indestrutíbel pero moi resultón.
Co tempo e por mor de ter que gañarse a vida, a fotografía pasou a segundo plano e así foi ata que a primeiros de século chegou a Madrid grazas a unha oportunidade laboral e máis tarde remataría en Santiago de Compostela onde volvería coller certa afección pola fotografía xunto do seu cónxuxe.
Patty non dispón de moito tempo pra fotar e xeralmente fai fotos co teléfono móbil, sobretodo de monumentos e paisaxe urbana que lle chama a atención. Iso fai que teña que adaptarse ó día a día e que polo de agora non teña un xénero favorito completamente definido. De feito, é tan multidisciplinar que tanto che fai detalles dunha igrexa coma logo pensa en facer unha Vía Láctea ou un faro. Pero iso non é malo, iso só indica que lle gusta o que fai e que se adapta ó que lle poñan diante, sexa fauna, retrato ou paisaxe nocturna... pero iso poderás ir vendoo se acudes a súa zona personal.

Fotografía: Anxo Dafonte, 2022